A Mancomunidade do Salnés lanza a súa propia revista ‘Emprega Salnés’

SALNES> A mancomunidade do Salnés lanza a súa revista semestral “emprega Salnés”. A publicación informará sobre a actualidade laboral da comarca. Tamén incluirá entrevistas con empresarios, emprendedores ou exalumnos do obradoiro de emprego.

O plan integrado de emprego é unha das patas fundamentais dentro dos obxectivos da mancomunidade do Salnés. Cada ano 100 participantes fórmanse neste programa de emprego cunha alta porcentaxe de inserción laboral. Para informar da situación laboral do plan dentro da comarca, a mancomunidade lanza a revista “emprega Salnés”

Os avances e os éxitos conseguidos polos alumnos serán recollidos en “Emprega Salnés”.

A revista terá carácter semestral. Nela tamén se recollerá información das empresas que colaboran co obradoiro de emprego. Nesta primeira edición publicáronse 500 exemplares para repartir entre os concellos e as empresas implicadas.

A clave do éxito do obradoiro de emprego é a comunicación constante coas empresas para coñecer as súas demandas. Na actualidade, co programa colaboran 705 entidades. Información que tamén recollerá “Emprega Salnés”

Dos cen participantes da edición anterior, 96 conseguiron un contrato laboral. Entre os contidos da revista, pode coñecerse os sectores nos que se incorporaron e a cantidade de persoas que contrataron.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí