Os mozos de Outes disporán de transporte gratuíto a partir de setembro

OUTES> Os mozos de Outes, menores de vinte e un anos, disporán de transporte gratuíto a partir de setembro. O executivo local solicitou a ampliación desta medida que xa se está a aplicar nas áreas metropolitanas de Galicia.

Tralo anuncio e posta en marcha do transporte gratuíto nas áreas metropolitanas de Galicia, o executivo de Outes demandou a extensión desta medida ó resto de concellos galegos. Entenden, dende o goberno outense que son precisamente as áreas rurais as máis necesitadas de bonificacións e axudas ó transporte posto que precisan realizar maiores desprazamentos dada a alta dispersión poboacional.

Nunha recente reunión co secretario territorial do Mobilidade e Transporte, o alcalde conseguiu o compromiso de contar coa gratuidade do autobús a partir do mes de setembro, unha vez entre en vigor o novo contrato de transporte.

Os usuarios deberán solicitar a tarxeta Xente Nova coa que poderán desprazarse de balde nas liñas de autobús en toda Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí