Preocupación no BNG trala autorización de vertidos á mina de San Finx

LOUSAME> As reaccións á autorización de vertidos da mina de San Finx en Lousame non se fixeron agardar. O BNG de Muros Noia critica a decisión da Xunta por permitir unha actividade que non garante a saúde pública ante a posibilidade de vertidos.

Preocupación no seo do BNG de Muros Noia ante a decisión da Xunta de autorizar o baleirado das balsas e a explotación da mina de San Finx, en Lousame. Os nacionalistas cualifican de inadmisible que a propia Xunta advirta do risco de vertido en condicións non autorizadas e que, no caso de darse, solicite medidas para emendar as causas e non as consecuencias. Vertidos que dende o BNG consideran moi probables tralos resultados das probas pilotos levadas a cabo.

Os nacionalistas deixan claro que non se opoñen a ningunha actividade económica que contribúa a dinamizar un concello como Lousame e toda a contorna, pero sempre que sexa segura e cumpra coa normativa, condicións que neste caso consideran que non se dan.

A próxima semana, o BNG iniciará unha rolda de contactos co resto de partidos, entidades sociais e asociacións ecoloxistas na busca de medidas para paralizar a autorización de vertidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí