O Goberno traballa para abrir o tramo rematado do paseo peonil a Marín este verán

PONTEVEDRA> ENCE non foi o único tema que abordou o delegado do goberno en Galicia na súa primeira visita institucional a Pontevedra. Nun encontro co alcalde, repasaron todos os compromisos pendentes do Estado coa cidade. Entre eles, a apertura do tramo do paseo peonil a Marín xa rematado e os avances en dúas infraestruturas moi demandadas: a circunvalación de Pontevedra e o nó de bombeiros.

O Goberno do Estado traballa para a apertura do tramo xa rematado do paseo peonil a Marín. Segundo explicou o Delegado en Galicia, o contrato inicial incluía toda a obra e non contemplaba a súa apertura por partes. Costas busca unha solución xurídica para que sexa posible. Tamén se traballa na modificación do proxecto para o segundo tramo, o que se instalaría con pilotes na ría, para ofrecer as garantías suficientes.

Esta demanda foi unha das que estivo sobre a mesa no primeiro encontro entre o alcalde de Pontevedra e o novo delegado do Goberno en Galicia. Unha reunión na que José Miñones trasladou un compromiso sobre outra das infraestruturas máis demandadas na cidade: a construción do nó de bombeiros.

Tampouco falto una conversa as obras da A-57, coñecida como circunvalación de Pontevedra. O delegado asegurou que o tramo Vilaboa-A Ermida é a autovía que se está a executar con maior ritmo en Galicia, cunha obra executada ao 67%.

Outra das peticións que trasladou o rexedor foi que se axilice a busca de localizacións alternativas para as instalacións que a Dirección Xeral de Tráfico ten na Xunqueira de Alba. A intención do concello é poder recuperar este espazo, de gran valor ambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí