Os Reis Magos percorrerán tódolos recunchos da Pobra o día 5

A POBRA> Todo listo na Pobra para celebrar a cabalgata de Reis. As súas maxestades percorrerán tódalas parroquias do municipio o día 5 pola mañá. Xa pola tarde, sairán na tradicional cabalgata polas rúas do casco urbano.

Ningún neno da Pobra quedará sen ver ós Reis Magos este Nadal. Xa este luns, día 2, os pequenos recibirán a visita do paxe real ó que poderán facer chegar as súas cartas antes do da chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar.

InsertoO día 5 dende as 11 da mañá, as súas maxestades percorrerán tódolos recunchos do municipio a bordo duns vehículos moi especiais. O percorrido, que partirá ás 11 dende San Paio, será retransmitido en streaming para que tódolos cativos saiban en que punto se atopan en cada momento.

Xa pola tarde, a cabalgata sairá ás cinco e media dende a Rúa Venecia para realizar o seu percorrido con paradas na praza Maior para realizar a tradicional ofrenda e na casa do concello onde terá lugar a recepción. En caso de chuvia, os Reis recibirán ós cativos no pavillón de Venecia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí