O persoal de limpeza do Provincial e de Montecelo irá á folga a partires do 2 de maio

PONTEVEDRA> O servizo de limpeza dos hospitais Provincial e Montecelo irá á folga. Será un paro indefinido, trala falta de avances nas conversas coa empresa Acciona para pechar o novo convenio colectivo. A folga será a culminación dun calendario de mobilizacións, que comezará este 21 de abril con concentracións ás portas dos dous centros hospitalarios e unha manifestación o día 27 polo centro da cidade.

A falta de entendemento entre os traballadores do servizo de limpeza dos hospitais Provincial e Montecelo e a empresa Acciona, leva ao persoal á folga. Será un paro indefinido que comezará o vindeiro 2 de maio.

A folga será a culminación dun calendario de mobilizacións que comezará o día 21 de abril con concentracións ás portas do Provincial e de Montecelo. Tamén convocan unha manifestación o día 27, partindo dende o Hospital Provincial ata a Peregrina ás 18.30 horas.

Unha das cuestións que máis indigna aos traballadores é a oferta económica da empresa. Fixan un plus de 120 euros anuais neste 2022, ampliable aos 240 en dous anos, sempre que os traballadores non pasen máis de 30 días ao ano de baixa. Tamén queren cambiar o método de asignación das vacacións.

Os sindicatos sinalan tamén ao Sergas como responsable desta situación porque, aseguran, non vixían as condicións nas que se prestar o servizo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí