Durán polo nivel máximo de restricións en Vilanova: ‘A relaxación coas medidas pode custar vidas’

VILANOVA> O concello de Vilanova entrará o luns no nivel máximo de restricións sanitarias. O Sergas toma a decisión despois de que a vila rexistrase dous novos positivos e se situase nos 37. O alcalde achaca esta subida á relaxación coas e medidas e pide á súa poboación máxima precaución.

A consellería de sanidade situou hoxe a Vilanova no nivel máximo de restricións sanitarias. O Sergas toma a decisión tralos últimos dous positivos que rexistrou a vila, situándose nos 37 casos activos. Este nivel de restricións implica o peche da hostalería e o peche perimetral, non se poderá entrar nin saír de Vilanova sen causa xustificada. O alcalde sinala que se chegou a esta situación pola relaxación no respecto das medidas.

Segundo o alcalde, a maioría dos casos estanse dando entre a xente máis moza, que na maioría dos casos son asintomáticos.

O alcalde pide á veciñanza que extreme as precaucións porque aínda que a maioría son asintomáticos, a expansión do virus pode custar vidas.

Gonzalo Durán tamén pediu a súa poboación que non se confíe, que aínda que as vacinas avanzan a bo ritmo, a incidencia acumulada continúa sendo moi alta, o que pode provocar que se manteñan as restricións durante o verán coas consecuencias que iso tería para os veciños e a economía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí