Os socialiastas do Salnés solicitan á secretaría que convoque o pleno da Mancomunidade

SALNES> Os socialistas do Salnés solicitan un informe á secretaria da Mancomunidade para coñecer en que situación se atopa o organismo comarcal. Aseguran que ante as negativas do presidente, se eles non poden solicitar un pleno extraordinario tería que convocalo a secretaria. Pola súa banda, Durán segue manifestando que a culpa é do PSOE e que a solución depende de Meaño.

O novo mandato da Mancomunidade do Salnés continua sendo de película. O novo ou mellor dito, a continuación do anterior. Xa que Gonzalo Durán segue sen convocar o pleno de constitución do ente comarcal. Ante as negativas, os socialistas solicitaron un pleno extraordinario que lles foi denegado, segundo din, porque ao ser un novo mandato xa non están en funcións. Tras esta resposta, entenden que se eles non están en funcións o actual presidente tampouco o está. Por iso os alcaldes do PSOE solicitan un informe á secretaria da mancomunidade para que aclare a situación na que se atopa o ente comarcal.

Ante as continuas negativas, os socialistas dubidan das intencións de Durán.

Pola súa banda o actual presidente en funcións mantén que non convocará o pleno ata que se resolvan as denuncias de Meaño. Gonzalo Durán culpa aos socialistas da situación na que se atopa a mancomunidade.

Os socialistas consideran que a actuación de Durán pon en perigo o futuro da Mancomunidade.

O pleno tiña de prazo máximo para ser convocado ata o 15 de agosto pero se aprazou polas denuncias da votación de Meaño. Agora a Mancomunidade está pendente de dúas vías para poder comezar o novo mandato. Por un lado a decisión do contencioso coa votación meañesa e por outro o informe da secretaria sobre a situación da ente comarcal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí