O BNG levará ó Parlamento a reclamación dun médico para Corrubedo

RIBEIRA> O BNG de Ribeira fíxose eco das queixas dos veciños de Corrubedo que reclaman cobertura sanitaria a tempo completo. Ademais de asistir á xornada de mobilización, os nacionalistas anunciaron a presentación dunha batería de iniciativas parlamentarias por parte da súa deputada, Rosana Pérez.

A deputada nacionalista no Parlamento, Rosana Pérez, e o responsables da formación no concello de Ribeira participaron na xornada de mobilización convocada polos veciños de Corrubedo para denunciar os recortes que levaron a reducir a atención sanitaria nesta e noutras parroquias.

Con esta situación, son moitos os veciños da parroquia, moitos eles de idade avanzada, que se ven obrigados a desprazarse ata Ribeira onde o panorama non pinta tampouco demasiado ben.

Rosana Pérez anunciou a presentación dunha serie de iniciativas no Parlamento para esixir un médico a tempo completo para Corrubedo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí