O programa de emprego da Mancomunidade do Salnés acada os tres millóns de investimento nas súas 12 edicións

SANXENXO>  Rematou a décimo segunda edición do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés. Nos últimos doce meses o organismo comarcal puxo en marcha un ambicioso itinerario formativo.

Nel estiveron representadas sectores fundamentais do tecido empresarial da comarca, como a elaboración de viños, soldadura, xestión contable, agricultura ecolóxica, manipulación de alimentos, inglés ou informática, entre outros.

Así e todo, a aposta da Mancomunidade polas novas tecnoloxías foi un dos principais motores desta última convocatoria do progrma. A execución de cursos como manexo de drons, a dixitalización documental e fotogrametría, a robótica colaborativa, o marketing dixital, a impresión 3D multicor ou a realidade virtual, brindaron alumnado a oportunidade de abrirse camiño en sectores cunha demanda crecente.

Na clausura desta edición salientaron que a inserción final está por riba do 85% das candidaturas.Tamén destacaron o investimento acadado ao longo destes doce anos, que supera os tres millóns de euros.