A ILLA> As casas modernistas da Illa de Arousa son xa unha realidade. Concello e Deputación inauguraron hoxe os tres edificios que agora serán utilizados como biblioteca, escola de música, sala de exposición e sede da asociación de persoas xubiladas da Illa. O proxecto tivo un custo de 2,7 millóns de euros.
Rememorando historias dos seus antigos habitantes e a continuación coa música de Budiño, o concello da Illa de Arousa e a Deputación de Pontevedra inauguraron as casas modernistas da vila. Un proxecto de restauración de tres antigas vivendas que na actualidade convértense en espazos públicos. Cada unha terá diferentes utilidades, como a sede da asociación de persoas xubiladas da Illa.
Outra das casas converterase na escola de música da vila.
A terceira das casa acollerá unha gran biblioteca.
Os numerosos espazos destas casas e o seu parque serán utilizados tamén para diferentes iniciativas e actividades. A isto hai que sumarse a reforma da contorna que inclúe o auditorio e o concello. Un proxecto que tivo un custo de 2,7 millóns de euros para crear un centro neurálxico na vila.
Os traballos de posta en valor deste espazo aínda non remataron. Dende a Illa xa traballan nun proxecto para crear unha ruta na que poñer en valor e dar a coñecer o antigo valor industrial desta zona.