Ovidio Rodeiro encabeza o posto de mando na provincia durante o estado de alarma

BARBANZA> A Xunta de Galicia puxo en marcha un posto de mando avanzado  na delegación territorial da Coruña para coordinar as accións na provincia durante o estado de alarma. Ademais de recoller as incidencias diarias servirá como punto de información e atención ás necesidades dos concellos.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, preside o posto de mando avanzado que levará a coordinación de tódalas accións e medidas a tomar na provincia mentres se manteña o estado de alarma pola pandemia do coronavirus. A comisión está composta ademais por representantes de tódalas xefaturas territoriais, de emerxencias e da policía autonómica.

A súa principal función consistirá en elaborar diariamente un informe coas incidencias rexistradas na provincia que se remitirá á Sala de Control de Operativos do 112. Actuará ademais como un punto de información para os concellos e centralizará as súas peticións relacionadas coa necesidade de material ou recursos.

Tamén canalizará as ofertas de doazón de material que reciban as distintas delegacións e organizará a distribución de materias a concellos e grupos de emerxencia cando se dispoña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí