A Pobra mellora o empedrado de acceso ó Castelo

A POBRA> O concello da Pobra acometeu con fondos propios a mellora do acceso á rúa do Castelo. A actuación, a piques de concluír, foi executada con fondos propios cun orzamento de preto de nove mil euros.

Os obreiros da empresa Fermín Simal, adxudicataria da obra, rematan estes días o arranxo do acceso á rúa do Castelo.

A actuación estará lista ó longo desta semana, antes d aprocesión do Nazareno posto que s etrata dun dos putnos máis emblemáticos polo que discorre o paso o terceiro domingo do mes de setembro.

Esta é unha das primeiras obras financiadas con cargo á partida de 300 mil euros aprobada pola corporación para melloras na pavimentación en todo o termo municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí