Os servizos de emerxencia homenaxean ao persoal sanitario do ambulatorio de Cambados

CAMBADOS> Un día máis, sucéndense os pequenos actos de homenaxe ó persoal sanitario, pola súa gran labor contra o coronavirus.

Desta volta, marchamos ata Cambados.Na vila do albariño os distintos efectivos dos servizos de emerxencia desprazáronse ata as portas do centro de saúde para agradecer ós seus profesionais o seu traballo.

Primeiro fixeron soa-las súas sereas e despois, entre aplausos, puxeron o ‘Resistiré’ do Dúo Dinámico, todo un himno xa desta crise.

O persoal do albulatorio, como non podía ser doutro xeito, saíu á rúa para presencia-la homenaxe e aplaudir ós servizos de emerxencia. Policía, Protección Civil e outros corpos e forzas de seguridade son, tamén, outro piar imprescindible para a cidadanía neste contexto de estado de alarma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí