Comeza a instalación do demandado semáforo de Chancelas, en Poio

POIO> Marchamos agora ata Poio. En Chancelas, comezaron xa as obras de instalación dun paso de peóns con semáforo na estrada principal. Trátase dunha vella demanda dos veciños da zona, para mellora-la seguridade viaria da zona.

O reforzo da seguridade viaria en Chancelas, no Concello de Poio, está en marcha. A Xunta acaba de inicia-los traballos para instalar un paso de peóns con semáforo na estrada PO-308. Trátase dunha vía de titularidade autonómica cunha gran densidade de tráfico.

As obras dan resposta a unha demanda dos veciños desta zona, que solicitaron medidas que lles faciliten os cruzamentos en condicións de seguridade. De feito, nos últimos meses mesmo organizaron mobilización reclamando actuacións urxentes.

Estes traballos foron adxucidados por un importe de case 38.000 euros. Quedarán rematados no prazo dun mes.

Esta actuación complementarase despois coas obras de mellora de seguridade viaria recollidas no proxecto de senda entre Combarro, Chancelas e Samieira.

Segundo indica a Xunta, o seu obxectivo é renovar de xeito intregral a estrada PO-308 nos concellos de Poio e Sanxenxo para reforza-la súa seguridade viaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí