A Asociación de Vivendas turísticas de Galicia cede os seus aloxamentos ao persoal sanitario

SANXENXO> A asociación de vivendas turísticas de Galicia cede os seus aloxamentos para o persoal sanitario que o necesite. O obxectivo é axudar a aquelas persoas que están salvando vidas. Tamén alugarán as vivendas a prezo moi baixo para aquelas persoas afectadas polo peche dos establecementos hoteleiros.

A asociación de vivendas turísticas de Galicia tamén aporta o seu gran de area para loitar contra o coronavirus. Dende Aviturga, numerosos asociados poñen a disposición do persoal sanitario as súas vivendas de forma gratuíta.

Polo de agora xa son 30 as vivendas que os asociados cederon. O obxectivo desta iniciativa e apoiar de forma solidaria o altruísmo que demostran todos os profesionais da saúde.

A asociación tamén lle propuxo á consellería de turismo utilizar as vivendas turísticas como aloxamentos temporais para aqueles colectivos vulnerables, en situacións extremas ou que necesiten unha acollida provisional. Este aloxamento faríase pola modalidade de contrato de tempada sen incumprir a normativa de peche provocada polo COVID-19.

Dende a asociación só desexan que a crise sanitaria remate canto antes. Están convencidos que unha vez que remate a epidemia, Galicia volverá a ser un destino turístico moi demandado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí