As festas de Boiro incorporan importantes novidades este ano

BOIRO> Boiro quenta motores para as súas festas de verán que arrancan o venres día 29. Un ano máis, modernidade e tradición mestúranse nesta cita que dá o pistoletazo de saída ó calendario festivo da comarca. As mariscadoras serán as encargadas de inaugurar os festexos coa lectura do pregón. A música será unha das principais protagonistas das festas coa actuación de orquestras de primeiro nivel como El Combo dominicano, París de Noia ou Panorama. O amplo programa musical inclúe tamén as actuacións de grupos tradicionais e bandas locais con grupos como De Vacas ou o concerto de Sonia Lebedynski que se subirá ó escenario con convidados de luxo como Fran Velo ou Javi Maneiro. Destacan entre outras novidades o cambio de ubicación do Día das Peñas que se trasladará ó parque da Cachada.Entre as iniciativas veciñais que se implicaron na celebración das festas destaca taménn a Arghallada da Mocidade, un mercadiño creativo repleto de actividades que terá lugar o mércores na praza do centro social.Precisamente será o mércores día catro cando conclúan os festexos despois de seis días de celebracións nos que Boiro se converte no mellor destino para dar a benvida ó verán.