GALICIA> Para o presidente da Xunta, falar de novo de Estado de Alarma é demoledor para a economía española. Alberto Núñez Feijóo entende que as restricións poderían aplicarse modificando a lei de saúde pública e xerando menos alarmismo. Para Feijóo, co novo estado de alarma, que podería durar 6 meses, ponse en cuestión a campaña de Nadal e de Semana Santa e dana a imaxe de España no exterior.
O novo estado de alarma anunciado polo goberno central non gusta ó presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo, que participou esta mañá nunha nova conferencia de Presidentes, di que é ‘demoledor’ para a economía de España.
Insiste en que as restricións poderíanse aplicar a través dunha modificación da lei orgánica de saúde, sen necesidade de recorrer de novo a unha figura excepcional.
Feijóo cre que o goberno central xera desconfianza ó poñer sobre a mesa a posibilidade de prorroga-lo estado de alarma durante os vindeiros seis meses. Di que pon en cuestión a campaña de Nadal e da Semana Santa de 2021.
O comité clínico do servizo galego de Saúde está a estuda-la posibilidade de establecer horarios distintos para o inicio do confinamento nocturno nas cidades e no rural, pola incidencia desigual da covid. Nestes momentos comeza ás 11 da noite, pero o goberno central abre a man a que poida adiatarse ou atrasarse unha hora, a decisión de cada comunidade.