Preto de 20 familias do Grove levan case unha semana agardando polas PCR dos seus fillos

O GROVE> Case unha semana despois, sen rastro dos rastrexadores. Así se atopan preto de 20 familias do Grove, pendentes dunha chamada da Xunta que aínda non se produciu. Na aula de sexto de infantil do Rosalía de Castro detectouse un positivo. O colexio avisou ás familias o domingo pero, na maioría dos casos, a cousa quedou aí.

Pero dos 25 alumnos, os rastrexadores só chamaron a 8. E por sorte, deron negativo. O resto de rapaces e incluso o seu profesor  , seguen agardando que a Xunta mova ficha. Iso si, sen poder ir ó colexio por se acabasen dando positivo. Unha situación complicada para os pais e nais, porque non existe cobertura legal para ausentarse do traballo.

É  máis, como teñen que seguir traballando, a bola de contaxios podería seguir medrando no caso de que finalmente algún dos nenos dese positivo.

As familias continúan protestando ante o SERGAS para que se resolva a situación. Polo da agora, a única resposta que recibiron é que a súa incidencia xa foi rexistrada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí