O novo emprazamento do Mercado das Flores en Fefiñáns gusta ás vendedoras

CAMBADOS> Estamos ás portas de Defuntos e quen máis quen menos pon a punto o cemiterio e merca flores para lembrar aos seus. En Cambados abriu hoxe o seu Mercado das Flores, este ano na praza de Fefiñáns. 20 postos ofrecen dende hoxe e ata o domingo os seus produtos ós mellores prezos.

O Mercado das Flores é xa unha tradición en Cambados nas vésperas de Defuntos. Este ano, a feira muda de novo de emprazamento, trasladándose agora á praza de Fefiñáns. O que non cambia é o produto, variado e aos mellores prezos.

En total 20 floreiras participan este ano neste mercado. Foron elas as que apoiaron este novo emprazamento. O ano pasado fíxose no paseo da Calzada e nos anteriores no Salón Peña. Un espazo que descarta o Concello polas taxas que tería que pagar a Portos de Galicia.

O Mercado das Flores de Cambados abrirá sábado e domingo de 9 da mañá a 9 do serán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí