Cambados entegra os premios ás tres mellores postais de nadal entre 300 participantes

CAMBADOS> Entre 200 e 300 escolares de Cambados participaron no concurso de postais de nadal. Os nenos e nenas dos centros da vila enviaron os seus deseños e o concello e Zona Centro escolleron os tres mellores. O gañador foi o pequeno de 7 anos, Lucas González, coa súa árbore de nadal en metade da neve.

O concello de Cambados xunto con Zona Centro organizaron un concurso de postais de nadal entre os colexios da vila. Un certame para espertar a creatividade e a ilusión dos máis pequenos. A iniciativa tivo unha gran acollida coa participación de preto de 300 escolares. Entre eles escolléronse a tres gañadores.

O gañador foi Lucas González do colexio de Castrelo coa súa árbore de nadal.

O segundo premio foi para Camino Daniela Tío do colexio Magariños, centrada na torre de Sansadurniño.

E o terceiro posto recaeu en Ana Felpeto do colexio de San Tomé, que representou a Praza de Abastos coa visita dos reis.

Os premiados recibiron 50 euros en libros adaptados á súa idade e a súa vez todos os colexios que participaron recibiron outros 50 euros en vales compra para gastar nos comercios da vila. Unha iniciativa para achegar tamén os establecementos locais ás escolas.

Unha vez que os colexios descansan por vacacións, o concello porá en marcha novas actividades de nadal pensando xustamente nos máis pequenos. Obradoiros ou talleres que terán lugar nas diferentes parroquias da vila. Entre elas está a recepción de Papa Noel, que por mor do mal tempo terá lugar no Pazo Torrado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí