CAMBADOS> Jose Ramón Abal abre a porta ao diálogo con calquera formación política. O candidato de Cambados Pode considera que no ámbito municipal non se mira ao partido, se non ás persoas, e con calquera dos actuais candidatos pode chegar a acordos. O que ten claro é o seu apoio a calquera goberno virá dado porque se cumpran os catorce puntos do seu programa electoral.
Oito anos despois do acto de investidura que proclamou, de forma inesperada, a Fátima Abal como alcaldesa, o Concello de Cambados volve a vivir unha situación similar. A corporación estará formada por oito concelleiros de dereitas e oito de esquerdas, co que alcaldía dependerá da decisión de Jose Ramón Abal e Cambados Pode. O seu partido repetiu cun concelleiro aínda que quedou moi preto do segundo.
O candidato da formación abre a porta do diálogo a calquera formación.
A formación non bloqueará a ningún outro partido pero si defenderá que se cumpran os catorce puntos do seu programa.
Moitos dos puntos da súa campaña foron aprobados en plenos do concello sen levarse a cabo. Aínda que non descartou a ningún candidato, si que considerou que Cambados necesita que o goberno mellore.
A formación aínda non comezou a negociar con ningunha formación, para a semana terán unha reunión de partido para establecer a folla de ruta das súas negociacións.