A Confederación de ANPAS Galegas pide que se tomen medidas urxentes para adaptar o curso académico

GALICIA> A Confederación de ANPAS Galegas acaba de presentar un escrito á Consellería de Educación para esixir cambios no sistema que se está a desenvolver neste sector ante a situación de confinamento. O colectivo denuncia unha desigualdade entre os diferentes centros educativos e pide a administración autonómica que adapte, canto antes, o curso 2020-2021.

Desigualdade. Ese é o principal problema co que se está a atopar o alumnado do ensino público de Galicia. Unha desigualdade que nace da situación de confinamento que se está a vivir en todo o estado español. Para tratar de reducir os efectos negativos que esta crise sanitaria está a deixar neste sector, a Confederación de ANPAS Galegas pide á Consellería de Educación que dite instrucións claras e que dote de medios axeitados a toda a comunidade educativa.

Outra das grandes preocupacións da Confederación de ANPAS Galegas ten que ver coa continuidade do actual curso académico.

Dende este colectivo piden á Consellería de Educación que tome medidas canto antes para adaptar o curso 2020-2021 e así prexudicar o mesmo posible ao alumnado.

A Confederación de ANPAS Galegas pide a Consellería de Educación que non faga oídos xordos as súas peticións. Ademais, dende este colectivo están convencidos de que esta situación é consecuencia da escasa formación dixital que ten actualmente o ensino público galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí