Pasan a planta os primeiros pacientes críticos na área sanitaria de Santiago-Barbanza

BARBANZA> Pero non son todo malas novas. Tamén hai un pequeno raio de esperanza. Hai uns días pasaban a planta os primeiros pacientes con coronavirus da área sanitaria de Santiago-Barbanza que se atopaban na UCI deste centro hospitalario.

As novas que chegan sobre o coronavirus non son todas negativas. Estes días pasaban a planta os primeiros pacientes infectados polo COVID-19 da área sanitaria de Santiago e Barbanza que se atopan no Hospital Clínico de Santiago. Trátase dun home de 49 anos e unha muller de 67, que estaban ingresados na unidade de críticos deste centro hospitalario. Segundo informaron fontes do propio hospital permaneceron na unidade de coidados críticos durante seis e cinco días respectivamente. Nos dous casos, tratábase de pacientes sen outras patoloxías destacables e que non necesitaron ventilación mecánica. A día de hoxe e tendo en conta novas variacións, na área sanitaria Santiago-Barbanza hai un total de 581 persoas confirmadas con positivo polo COVID-19. Dese total  144 atópanse ingresadas: 110 no Hospital Clínico, nove na Rosaleda e tres no hospital da Barbanza. Dos ingresos totais, 22 atópanse en unidades de coidados críticos, 21 no CHUS e unha na Rosaleda. O resto de positivos confirmados por esta doenza están a seguimento nos seus domicilios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí