A veciñanza da Fonte da Coca denuncia as inundacións e as fochas que as fortes chuvias provocan na súa zona

VILAGARCÍA> Os veciños da fonte da Coca de Vilagarcía volve denunciar os efectos que as intensas choivas causa na súa zona. As precipitacións provocan grandes inundacións e deterioran as estradas e beirarrúas. Piden ao concello que se deixe de parches e que fagan unha gran actuación no barrio.

As intensas chuvias que chegan cada ano a Galicia en outono poñen en alerta aos veciños da Fonte da Coca, en Vilagarcía. As precipitacións provocan carreiros de auga que baixan pola rúa da coca ata o río do Con, provocando inundacións e impedindo o tránsito normal dos veciños da zona.

Ademais das inundacións, as correntes de auga deterioran unhas estradas que non dispoñen de beirarrúas para os veciños. A situación da estrada provoca grandes danos nos vehículos.

A veciñanza considera esta situación ven provocada pola falta dunhas canalizacións de pluviais.

Por elo piden ao concello que deixe de facer parches e realice unha intervención importante na zona.

Esta é unha reclamación que a veciñanza da fonte da coca leva anos solicitando. Ademais temen que as continuas riadas afecten a algunhas vellas estruturas da zona como muros ou paseos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí