A Xunta pídelle ó Goberno Central que clarifique se o marisqueo é unha actividade esencial

BARBANZA> A consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías pídenlle ó Goberno Central aclaracións sobre se o marisqueo é unha actividade esencial. Responden así a unha demanda maioritaria do propio sector que reivindica o peche da actividade por causas de forza maior e así poder acollerse ás axudas.

A conselleria do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da  Federacion Galega de Confrarías, José Antonio Pérez, mantiveron esta mañá unha conversa por videoconferencia para achegar posturas e trasladarlle unha proposta común ó Goberno Central para o tratamento que debera darse ás actividades de marisqueo e recursos específicos.

Segundo sinalou a propia titular de Mar dende que se decretou o estado de alarma a caída das vendas foi notable, chegando a máis dun 90%.

A declaración do peche do marisqueo por forza maior permitiría que os mariscadores puideran acollerse ás axudas e poder sobrelevar mellor esta situación.

Dende Mar tamén reclaman unha simplificación dos trámites para o sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí