RIBEIRA> A Asociación AMBAR programou unha serie de actividades para conmemorar o seu corenta aniversario. Aínda que a gala principal terá lugar en setembro, dende este mes comezarán as distintas propostas para celebrar este 40 anos de traballo promovendo vidas independentes.
O sábado 9 de abril arrancarán os actos do 40 aniversario da asociación AMBAR. E que mellor maneira de facelo que sacando á rúa o traballo da entidade. Dende as 11 da mañá instalarase unha mesa informativa no paseo do Malecón, en Ribeira. Durante a xornada desenvolveranse obradoiros de artesanía, música en directo así como a venda de produtos solidarios. Será o pistoletazo de saída dun amplo programa de actividades que terá un dos seus puntos álxidos en xullo coa celebración do festivar ‘Mar Diverso’
O 10 de setembro terá lugar no Baiuca a gala de aniversario. Pero aquí non rematarán as celebracións posto que AMBAR anda a argallar algunha sorpresa, da que non quixeron adiantar nada, para pechar o ano. A presidenta da entidade quixo agradecer a tódalas persoas e empresas que formaron parte do camiño de AMBAR nestes 40 anos nos que foron moitos os logros adquiridos.
Tamén os representantes dos concellos da comarca presentes no acto quixeron destacar a gran labor de AMBAR ó longo deste anos, prestando un servizo fundamental ó que na maioría dos casos non chega a administración pública.