Lanzan unha pedra a un veciña de Pontevedra que paseaba co seu can

PONTEVEDRA> Paseaba pola rúa co seu can cando, de repente, alguén lle lanzou unha pedra dende un edificio. Este suceso aconteceu esta mañá en Pontevedra. Máis concretamente no barrio de Campolongo. Por sorte, ninguén sufriu danos persoais. A afectada puxo os feitos en coñecemento da Policía e pide agora a colaboración veciñal para atopar ao culpable.