Alumnos da Basque Culinari Center do País Vasco visitan a DO Rías Baixas para coñecer os seus viños

PONTEVEDRA> 18 alumnos do máster de ciencias gastronómicas da Basque Culinari Center do País Vasco visita a denominación de orixe Rías Baixas. Os estudantes coñecerán durante 3 días os viños e adegas da DO así como as súas paisaxes e gastronomía. O obxectivo destas visitas é dar a coñecer o produto entre o alumnado para que logo o poidan empregar nas súas cociñas e promocionar así os viños das Rías Baixas.

Dende hai preto de 10 anos, a Denominación de Orixe Rías Baixas e a Basque Culinari Center, a universidade gastronómica do País Vasco, colaboran para dar a coñecer os viños da DO ao alumnado do centro. Nesta ocasión son 18 os estudantes que se achegaron ás Rías Baixas para descubrir o sabor e a natureza que rodean aos viños da DO.

A vista permite ao alumnado coñecer as adegas, a gastronomía e as paisaxes das Rías Baixas.

Os froitos poden obterse e o alumnado comeza a empregar nas súas cociñas o viño da denominación de orixe rías baixas, aumentando así a promoción do produto.

A visita terá unha duración de 3 días. A final de marzo, haberá outra visita dende o centro por 50 alumnos do último curso do grado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí