PONTEVEDRA> O 5 de abril de 1970 casáronse Sinda e Ceferino. Dous veciños de Pontevedra que tiñan todo preparado para celebrar onte o seu 50 aniversario.
E aínda que o confinamento obrigoulles a cancelar o seu encontro familiar, os seus veciños decidiron facerlles unha sorpresa. Na cal, todos se vestiron de gala e na que non faltou nin o viño espumoso nin, por suposto, o vals. Os balcóns da rúa Arzobispo Malvar convertéronse no escenario da pista de baile e Sinda e Ceferino gozaron así das súas vodas de ouro.