BARBANZA> Os autónomos son un dos sectores máis prexudicados pola crise. O peche masivo de empresas e negocios provocou unha redución dos seus ingresos nun 100%. E a toma de medidas por parte do Goberno non parece que vaia a solucionar a súa situación.
Daniel García é propietario dunha pequena tenda de roupa en Boiro que leva dende o pasado 14 de marzo pechada. Como tódolos primeiros de mes acábanlle de chegar tódolos gastos habituais: seguridade social, taxas e impostos municipais e facturas telefónicas…e os ingresos para poder afrontalas son cero. A situación complícaselle aínda máis ó ter a mercadoría de verán na tenda sen poder vendela e coa da tempada de inverno xa mercada tamén.
O mesmo lle acontece ó hostaleiro ribeirense Tucho Lijó. O seu bar, o Plaza, un dos máis emblemáticos de Ribeira, baixou a reixa o pasado catorce de marzo e dende aquela non houbo tampouco ingresos.
Para os dous as medidas propostas pola Administración son insuficientes. E o aprazamento dos gastos uns meses non parece ser a clave..
Aínda así o ánimo non o perden…e din que desta tamén sairemos