GALICIA> A Xunta de Galicia retoma todas as obras públicas e aproba un novo protocolo para o acompañamento dos enfermos nos hospitais. Ademais, Alberto Núñez Feijóo asegurou esta mañá que os test do Goberno non valen para facer un diagnóstico fiable.
A Xunta de Galicia reactiva todas as obras públicas. En total, 500 obras que supoñen unha inversión de 300 millóns de euros e 5.300 postos de traballo. Ademais, Alberto Núñez Feijóo anunciou esta mañá que a administración autonómica creará un fondo de continxencia para reorientar o gasto corrente e reforzar así o gasto sanitario. O fondo estará dotado con 100 millóns de euros.
En canto ao material sanitario, a administración autonómica autorizou o pago de 10,5 millóns de euros que irán destinados a compra de máscaras, desinfectantes, test rápidos ou luvas. Neste eido, a Xunta de Galicia anunciou un novo protocolo para que os enfermos por coronavirus poidan estar acompañados por un familiar.
En canto aos test rápidos, Galicia recibiu 58.000 por parte do Goberno. Uns test que, tal e como confirmou esta mañá Alberto Núñez Feijóo, non serven para facer un diagnóstico fiable e, polo tanto, hai que complementalos coas probas PCR.
En canto ao persoal sanitario, máis de 600 persoas están xa contaxiadas polo Covid-19. Isto representa o 10% do total. Neste eido, Alberto Núñez Feijóo lembrou que hai abertos 120 hoteis en toda Galicia para aloxar aos traballadores dos servizos esenciais.