A Xunta pon en marcha unha campaña para fomentar o consumo de peixe e marisco

BARBANZA> A través desta acción pretende tamén que se recoñeza o esforzo do sector extrativo galego durante a crise do coronavirus.

A través desta campaña baixo o lema ‘Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco’, a consellería do Mar pretende fomentar o consumo de peixe e marisco durante o confinamento. A medida, ademais de potenciar o consumo destes produtos, pretende servir tamén de recoñecemento o importante esforzo que está a facer o sector durante a crise que estamos a padecer a consecuencia do coronavirus.

Quintana aproveitou ademais a xuntanza por videoconferencia mantida esta mañá co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, e co resto de conselleiros autonómicos do ramo, para reiterarlle unha vez más ó Goberno Central, da necesidade de aclarar se o marisqueo e a extracción de recursos específicos segue a ser considerada coma unha actividade esencial durante o estado de alarma.