A sombra dunha moción de censura ameaza ó concello de Boiro

BOIRO> Corren rumores dunha posible moción de censura en Boiro. De fraguarse, o movemento apartaría ó Partido Socialista, que está en minoría, da alcaldía.  Detrás dela din que podería estar o voceiro de Iniciativa Cidadá, Manuel Velo. O histórico político nega a maior, aínda que admite ter discrepancias co actual executivo, ó que el apoiou na investidura.

Sen querer confirmar nada, tampouco o desmente. É máis, reafirma o ruxe-ruxe que dende hai varios días se escoita pola vila. O que queda claro é o malestar que Manuel Velo ten co partido Socialista, a quen deu o seu apoio na investidura para poder chegar á alcaldía.

Segundo el as cousas non se están facendo ben, e o exemplo que dá é a incapacidade do goberno municipal de sacar adiante un orzamento, o documento clave para el para o desenvolvemento dun Concello.

E nese aspecto Manuel Velo teno claro. Quere que se oficialice un pacto para poder acadar a maioría suficiente para poder gobernar con garantías

En canto a súa posible marcha, propiciando a chegada do Partido Popular a alcaldía…

No pouco tempo que estivemos con el, o móbil non parou de soar. A axenda do ex-rexedor parece estar completa estes días. O outono traería aires fríos ó Concello e ó mellor é necesario un cambio de chaqueta…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí