Os comercios de Cambados pecharán as 20 horas para apoiar á hostalería

CAMBADOS> A asociación de comerciantes Zona Centro de Cambados propón adiantar os horarios de peche dos establecementos para apoiar á hostalería local. O obxectivo é favorecer que os clientes acudan antes a cear e dar máis marxe aos locais hostaleiros fronte ao toque de queda. Polo de agora máis dun 80% dos negocios da asociación sumáronse a esta proposta.

Asautoridades sanitarias advirten que para saír da difícil situación na que nos atopamos é vital que todos camiñemos xuntos. Igualmente pasa coa situación económica, por elo para apoiar á hostalería local, a asociación de comerciantes Zona Centro de Cambados propón adiantar o horario de peche do seus establecementos e dar así máis marxe aos locais hostaleiros.

Preto dun 90 por cento dos comercios da asociación pecharán as súas portas as 20 horas como mostra de apoio. Dende Zona Aberta creen que a medida podería estenderse ao resto da comarca.

Dende a asociación son conscientes que o cambio repercutirá nos ingresos dos comercios pero agardan que sexa mínimo. Aínda así supón un gran esforzo para negocios dada a situación que atravesa o sector.

Dada a situación actual, os comercios temen as rebaixas que poidan chegar dende as plataformas virtuais polo blackFriday.

Dende Zona Centro destacan que tanto os seus establecementos hostaleiros como comerciais son seguros. Piden as administracións unidade de criterios e máis iniciativas para fomentar o negocio de proximidade pero entenden que a única solución pasa por rematar coa pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí