PONTEVEDRA> O sector do salón de peiteado mobilizouse esta mañá en Pontevedra. Medio cento de profesionais concentráronse diante da subdelgeación do gobernó para esixir a redución do IVE ao 10%. Tamén reclaman que se lles inclúa na lixa de axudas pola covid19.
A redución do IVE do 21% ao 10% volve sacar á rúa aos profesionais dos salóns de peiteado. Medio cento concentráronse esta mañá ás portas da subdelegación do goberno.
A suba aplicouse no 2012 pero, segundo o goberno, tratábase dunha medida temporal. Case unha década despois seguen na mesma situación e sen noticias.
Tampouco entenden que o executivo estatal deixara os seus negocios fóra das liñas de axudas pola covid19. Reclaman que se lles teña en conta porque, aseguran, a actual situación está a deixalos ao límite.
Outra das súas reclamacións relacionadas coa covid19 é que se lles inclúa na listaxe de colectivos prioritarios para a vacinación.