Unha parella de Rianxo pasa a corentena en Madrid con rutinas e imaxinación

RIANXO> Sen saír do país, dende Madrid, tamén unha parella de Rianxo comparten con nós a súa situación. Recomendan seguir rutinas no día a día para unha mellor xestión do noso tempo.

Moitos veciños dos concellos da contorna atopábanse noutras comunidades no momento no que comezaron a crecer os casos de Covid – 19 no noso páis. Algúns aproveitaron para regresar ás súas casas pero outros, xa sexa por precaución o por motivos laborais, permaneceron nas cidades nas que se atopaban. É o caso de Manuel e Paula dous veciños de Rianxo que traballan en Madrid.

As rutinas son importantes para aproveitar mellor o tempo. Entre as destas parella, sempre hai un momento para estudiar e seguir crecendo no seu oficio.

O confinamento non permite estar con aquelas persoas as que queremos, pero Manuel e Paula tiraron de imaxinación para felicitar a un afillado.

Dende Madrid piden sentidiño a xente para que isto acabe canto antes, como ben din, nunca choveu que non escampara.