Arousa Norte deseña unha estratexia conxunta contra a crise do coronavirus

BARBANZA> Os concellos da Mancomunidade Arousa Norte desenvolven unha estratexia conxunta para atenuar o impacto económico xerado pola crise do coronavirus. Apelan á máxima prudencia ante a redución dos ingresos para as arcas municipais.

Os concellos, non só de Arousa Norte, senón de toda ·España afrontan un furturo incerto. Á diminución dos ingresos xerados por impostos e taxas hai que engadir a redución da transferencia de fondos do estado.

Con respecto ós plans de dinamización económica, emprego ou emerxencia social consideran que deberías ser canalizados a través do remanente ou do Plan que a Deputación leva a cabo co seu propio remanente.

Esta estratexia conxunta contempla medidas tales como a suspensión temporal ou facilidades de pago dos impostos xa devengados ou a devolución de taxas por servizos non prestados durante o estado de alarma.

Plantexan tamén a posibilidade de bonificar o ICIO cando se trate de construcións encamiñadas a conservar ou mellorar o emprego

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí