As traballadoras da residencia de Poio: ‘Tede paciencia, isto vaise acabar e faremos unha festa xuntos’

POIO>  As traballadoras da residencia Ballesol de Poio lanzan unha mensaxe de esperanza ós seus residentes e ós veciños da zona. Coincidindo cos aplausos das 8 da tarde, varias das profesionais tomaron a palabra para prometerlles a todos un gran festexo cando todo isto pase. ‘Tede paciencia, isto vaise acabar e faremos unha festa todos xuntos’, aseguran.

As palabras das traballadoras destas residencia de Poio foron apoiadas cos aplausos das persoas que viven neste centro e tamén por moitos dos veciños desa zona.

As intervencións das profesionais xa se converteron nun clásico. Cada día, tralos aplausos das 8, toman a palabra para animar á xente.

Tampouco faltan as mostras de cariño ós seus residentes que, entre aplausos e algún que outro baile, recoñecen o incrible traballo que están a desenvolver estas profesionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí