Meis reparte solidariedade cun atípico Bolo de Pascua en plena corentena

MEIS> Meis repartiu o Bolo Pascual máis solidario da súa historia. Ante a crise do coronavirus, a tradición tivo que adaptarse ás circunstancias. Nesta ocasión, o tradicional doce foi un pouco máis pequeno. Para a súa elaboración empregáronse 900 ovos. Foi doado pola Asociación Cultural de San Gregorio para repartir entre as familias máis necesitadas do municipio.

Meis quedou sen a súa Romaría das Cabezas, pero non sen o seu Bolo Pascual. A tradición, como non podía ser doutro xeito, adaptouse ó contexto. Desta volta, o doce tivo que ser máis pequeno. No canto de 6.000 ovos, como era o habitual, empregáronse 900.

Pero sen dúbida a parte solidaria é o que mellor sabe do bolo deste ano. Asociación Cultural de San Gregorio  decidiu doar o produto ás persoas máis necesitadas do municipio.

O reparto do doce levouse a cabo onte, coincidindo coa distribución dos lotes de comida do Banco de Alimentos creado polo Concello.

O reparto fixo parada na casa dunhas 20 familias do municipio, todas elas usurarias dos servizos sociais municipios. A entrega nos domicilios tanto dos lotes de alimentos como do bolo correu a cargo de Protección Civil.

A alcaldesa da localidade felicita á organización do Bolo Pascual por adaptar esta tradicións a un momento tan complicado como o que nos está a tocar vivir. Salienta a solidariedade dos meisinos, agradecendo as achegas que fixeron veciños e colectivos ao Banco de Alimentos.

Ademais, varias adegas agasallaron caixas de viño para repartir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí