Congalsa readapta a súa produción ante a crise do COVID-19

POBRA> A crise sanitaria provocada polo COVID-19 ten como consecuencia a transformación do noso tecido produtivo. Co peche total da hostalería, boa parte da industria alimentaria tivo que readaptar a súa produción destinándoa ó abastecemento de supermercados.

A industria da alimentación sufriu unha forte caída da demanda derivada do peche total da hostalería e restauración. Sen embargo, en empresas como Congalsa, especializada na elaboración de alimentos ultraconxelados, Isto non supuxo unha baixada da produción. Todo o contrario, a firma con sede na Pobra, readaptou os seus procesos de produción para abastecer a crecente demanda dos supermercados.

recisamente ese esforzo do persoal require as máximas garantías de seguridade para protexer a súa saúde. Congalsa reforzou o servizo de limpeza e desinfección nas súas instalacións e mantén as máis estritas normas de hixiene na  elaboración dos produtos, na que xa se viñan aplicando os máis altos estándares de calidade.

Medidas como esta converten a Congalsa nun exemplo a seguir non só en materia de seguridade senón tamén en como saber reinvertarse en tempos de crise.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí