O concello da Pobra habilita a atención telefónica en tódolos departamentos

POBRA> Malia que a maior parte do persoal traballa dende a casa, o concello da Pobra continúa a pleno rendemento. O alcalde informou de que se pode realizar a recollida presencial de documentos urxentes que non permitan aprazamento. No resto dos casos optarase pola vía telemática.

Aínda que a porta pechada, o concello da Pobra non para de traballar. Ás xestións derivadas do estado de alarma, súmanse algúns procedementos ordinarios como a emisión de documentos solicitados polos cidadáns. No caso de ser urxentes e non poder tramitarse por vía telemática poderán recollerse de xeito presencial.

As consultas relacionadas co resto de departamentos atenderanse telefonicamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí