O PP da Pobra denuncia o mal estado da rede viaria do municipio pola falla de mantemento

A POBRA> O PP da Pobra denuncia o mal estado en que se atopa a estrada da aldea de Tarrío. Esta vía non é a única que presenta deficiencias posto que maior parte da rede de estradas e camiños do municipio carece de mantemento afectando moi negativamente ó seu estado de conservación.

O Partido Popular da Pobra critica a falla de previsión do equipo de goberno no que respecta ó mantemento dos viais públicos. Son moitos os exemplos de deterioro por falta de tarefas de conservación como o da estrada que comunica coa aldea de Tarrío, que presenta numerosas deficiencias.

Dende o PP non entenden por que non se ten actuado nesta e noutras vías do municipio que se atopan nun estado similar posto que o concello conta coas partidas orzamentarias para facelo e teñen en marcha un Plan de Conservación.

Hai uns meses, os populares presentaron unha moción solicitando actuacións urxentes nas vías en peor estado para garantir a seguridade dos usuarios. Lamentan que ata o momento non se teña executado ningunha obra neste sentido.