Minuto de silencio en Ribadumia pola morte do exalcalde Nené Barral

RIBADUMIA> Minuto de silencio en Ribadumia en lembraza de Nené Barral, alcalde deste municipio durante 18 anos. Ao acto asistiu o goberno local, traballadores municipais e veciños. Ás bandeiras do consistorio están a media asta cun crespón negro en sinal de loito. O expolítico foi soterrado esta tarde no cemiterio parroquial de Ribadumia.

O goberno municipal de Ribadumia impulsou esta mañá o primeiro acto en lembranza de Nené Barral, alcalde deste concello durante 18 anos, falecido onte. Á unha do mediodía organizouse un minuto de silencio, encabezado polo alcalde -en todo momento acompañado do de Vilanova-, concelleiros do executivo, persoal municipal e veciños. Ademais, as bandeiras do consistorio ondean a media asta cun crespón negro.

O alcalde quixo tamén amosa-lo seu pesar pola morte de Barral. Di que deixa no concello un lugar baleiro, lembrando a súa dedicación ao servizo público. E engade que son moitos os veciños que lamentan o seu pasamento.

José Ramón Barral foi soterrado esta tarde no cemiterio parroquial de Ribadumia. Falecía onte aos 79 anos, 22 deles á espara do xuízo por contrabando que marcou o seu paso pola política.

No 2001 dimitía logo de ser detido. Dous despois, no 2003, encabezou a lista de Independentes por Ribadumia. Unha formación que se fixo co bastón de mando, anos dexpois -no 2015- co actual alcalde popular -David Castro- como cabeza de lista.