Obradoiro de caixeiro-repoñedor para 15 desempregados en Ribadumia

RIBADUMIA> Hoxe comezou unha nova edición do obradoiro de caixeiro-repoñedor que impulsa a Mancomunidade do Salnés. Trátase dunha das accións formativas que se inclúen no plan de emprego do organismo comarcal. 15 mozos en situación de desemprego recibirán nas vindeiras semanas aprendizaxe teórica e práctica para favorecer a súa inserción no mercado laboral.

Dende este luns 15 mozos e mozas participan na Casa da Cultura de Ribadumia nunha nova edición do Obradoiro de caixeiro-repoñedor que organiza a Mancomunidade do Salnés. Esta acción formativa, que forma parte do Programa Integrado de Emprego do organismo comarcal, vaise prolongar ata finais deste mes. Na súa inauguración, o presidente puxo en valor acción como esta, nun momento no que as empresas demandan cada vez persoal máis especializado e mellor cualificado.

Esta acción formativa conta cunha parte teórica, pero sobre todo é moi práctico. O alumnado adquirirá distintas destrezas, dende organiza a tenda ou almacén, ata cobros ou embolsado das compras.

Este Obradoiro conta cunha alta taxa de empregabilidade, do mesmo xeito que o resto de accións que se inclúen dentro do Programa Integrado de Emprego, que rolda o 86% de inserción laboral.

A Xunta aporta 220.000 euros ao Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés.