A tirolina de Pontevedra triunfa entre os máis pequenos

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra aproveitou o peche da rúa Raíña Vitoria para instalar unha tirolina. Unha atracción de 150 metros que estará aberta ata o vindeiro 4 de xaneiro. Ata alí achegouse un equipo do Canal Rías Baixas para saber como está sendo a acollida por parte dos máis pequenos.

A emoción e a ilusión enchen estes días a rúa Raíña Vitoria, e todo grazas a esta tirolina de 150 metros. Unha atracción posta en marcha polo Concello de Pontevedra e que namorou xa a todos os rapaces e rapazas do municipio.

Para montarse nesta tirolina fan falla tres cousas. A primeira, ter entre 5 e 14 anos. A segunda, presentar un tícket de compra do comercio local e, a terceira, ser un neno ou unha nena moi valente.

Como non podía ser doutro xeito, esta tirolesa cumpre con todas as medidas de hixiene e seguridade.

Esta atracción estará aberta ata o vindeiro 4 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí