“Monoponte”, o Monopoly pontevedrés

PONTEVEDRA> Os xogos de mesa son sen dúbida o maior entretemento deste confinamento e, grazas a unha pontevedresa, a Cidade do Lérez conta co seu propio Monopoly. Unha estudante do Instituto Valle Inclán decidiu aproveitar estes días para adaptar o tradicional taboleiro a Pontevedra. Un modo de percorrer a Boa Vila sen saír das nosas casas.

Arrancamos esta partida dende a facultade de Belas Artes e, tras pasar por Campolongo e facer unha visita no cárcere da Lama chegamos ata a Illa das Esculturas. Así comeza este Monoponte. Un xogo de mesa adaptado á Cidade do Lérez que nos permite visitar e mercar as prazas, rúas e pontes máis importantes da Boa Vila. Esta idea naceu  de Sabela Estévez, unha estudante do Instituto Valle Inclán.

O primeiro paso para realizar este taboleiro foi adaptalo a Pontevedra e seleccionar as rúas, prazas e edificios máis destacados da cidade.

Se hai dúas cousas que abundan na Cidade do Lérez esas son sen dúbida as festas e as pontes. E xustamente estes foron os dous pequenos cambios con respecto ao taboleiro clásico.

Xogar a este Monoponte é completamente gratuíto e só fai falla poñerse en contacto coa creadora.

Como na versión tradicional, para xogar a este Monoponte fan falla dúas cousas. A primeira, o diñeiro. Algo que deberedes administrar moi ben se queredes mercar edificios como o Teatro Principal ou o Liceo Casino. A segunda cousa fundamental neste xogo é ter sorte. Sobre todo se queredes encontrar un párking gratuíto na cidade ou se non queredes encontrarvos cun alcalde que vos mandará directamente ao cárcere.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí