BOIRO> A asociación cultural Peñas Boiro vai organizar unha cea solidaria o vindeiro sábado 8 de novembro en beneficio de ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
A cea celebrarase no restaurante Chicolino e o prezo da mesma será de 50 euros, do que se destinará 10% a ASANOG.
Dende ASANOG agradeceron o xesto de Peñas Boiro, xa que todo o que se recade na festa irá destimado a seguir prestando apoio e asistencia ás familias de nenos e nenas oncolóxicos.
A actividade conta co apoio e colaboración do concello de Boiro.











