PONTEVEDRA> Os auxiliares de enfermería mobilízanse contra o sistema de contratación temporal da consellería de política sociais. Os traballadores mostran o seu malestar por las listas actuais, que mesturan contratos a xornada parcial e completa. Denuncian as sancións que reciben por parte da Xunta e piden que se dividan as listas segundo as horas de cada contrato.
Os técnicos en coidados auxiliares de enfermería están fartos do sistema de contratación temporal da consellería de política social. Os traballadores consideran medieval un modelo de contratación onde os traballadores non poden escoller entre contratos a tempo parcial ou completo
As listas baléiranse porque os traballadores póñense en suspensión, do contrario, veríanse obrigados a aceptar contratos de dúas horas noutros puntos da provincia para non ser sancionados con seis meses sen contratacións.
Os auxiliares sinalan que aqueles compañeiros que colleron covid foron suspendidos con 6 meses sen contratación. Por iso cargan con dureza contra o sistema de contratación da xunta.
Para solucionar este problema, piden un sistema de contratación onde as listas se dividan en contratación a tempo parcial ou completo.
Os técnicos en coidados auxiliares de enfermería xa mandaron numerosas queixas á consellería de política social e advirten que continuarán mobilizándose ata que a conselleira escoite as súas demandas.