#VouDeSúperFeirón: a campaña que busca encher os grandes supermercados de produtos de proximidade

GALICIA> Xa hai dúas semanas que funciona Mercaproximidade, a plataforma coa que a Xunta de Galicia quere axudar ao sector primario a comercializar os seus produtos. A iniciativa conta con case 400 agricultores e gandeiros inscritos, e xa sumou aos grades grupos de supermercados que existen no territorio galego.

Cos mercados locais suspendidos e a hostalería pechada, a situación complicouse para o sector primario galego. As súas canles de comercialización reducíronse de xeito moi importante, pero o seu non é un produto que pode deixar de producirse. Neste contexto a Xunta puxo en  marcha Mercaproximidade.

Hai dúas semanas que está en marcha, e xa conta con 370 agricultores e gandeiros inscritos, e integra a case todas as grandes cadeas de supermercados que operan en territorio galego. Elas convértense no escaparate do seu produto.

A intención é que o proxecto siga crecendo, incorporando máis vendedores e ampliándose a plataformas online ou empresas que subministren a colectividades. Para dar a coñecer a iniciativa, a Consellería vén de lanzar unha campaña informativa co cancelo #voudesuperfeirón.

A pesares de estar satisfeitos coa iniciativa, dende a Xunta de Galicia seguen a reclamar ao goberno central que permita a pertura dos mercados locais, tomando as medidas de seguridade necesarias para evitar os contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí